Unhas palabras casuais nunha rede. Tomar algo nunha rúa que deixou de existir. Voar enriba dunha alcantarilla perseguindo a Alicia e o seu País das Marabillas. E con cada encontro inesperado. Cando a noite arroupa e nin sequera se distingue máis alá de un mesmo... Entón ten lugar a maxia. Cando apuras ata chegar tarde e atópaste acompañado nas profundidades da fábrica de ilusións... Entón ten lugar a maxia. Ás portas dun panal ameazante que zumba mentres araña o cristal, pedindo entrada... Entón ten lugar a maxia. Onde ninguén ve. Onde ninguén oe. Onde ninguén sente, ni toca, nin cheira. Onde ninguén sabe onde está ou o que pasa. Cando unha cadea de seda te ata sen sequera tocarte, sen querer. Cando un susurro é capaz de erizar toda a túa pel, de pechar nun instante os teus ollos, de acariciar máis que calquera contacto... Entón ten lugar a maxia. Cando un soño compartido une máis en 5 minutos que un pasado xuntos, cando un sorriso torcido e unha mirada de esguello fan levitar máis ca unha alfombra encantada, ou cando dous mundos chocan e aparece un novo e mellorado planeta... Entón ten lugar a maxia. Cando as coincidencias existen, cando o "Y si...?" non é unha opción, cando o medo é bó... e ela mellor... Entón, e só entón, ten lugar a maxia.
Coldpaly - Magic