domingo, 22 de diciembre de 2013

Querida L:

Porque me enfado. Porque me dan arrebatos. Porque discutimos, dicímonos cousas feas, gritámonos e choramos. Porque te maltrato psicoloxicamente e te humillo. Por todo, perdón, síntoo.
Porque sorrío se sorrís. Por esa mirada que me acelera o pulso. Porque o teu contacto me leva o ceo. Porque sentirte é máxico, e non hai ningunha outra pra min dende que nos coñecemos. Porque es un agasallo do ceo, porque quero unha vida contigo, por Nora. Por todo, quérote, ámote.
Porque es o eco polo que me pasaría a vida berrando. Porque non sei que é o que fas, só que dende que o fas, todo é maravilloso.
Es o amor da miña vida. E na miña vida vas quedar, pra sempre. O amor é unha canción que nunca remata.
Sempre teu,
                                                             G.
P.D.: Quérote.